Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60646

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa.

O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu punto 22, a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega na promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer. Recollendo esta asunción de competencia exclusiva, aprobouse a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, pola que se pretende a plena efectividade do feito e dereito deportivo na nosa Comunidade Autónoma.

No ámbito do deporte de alto nivel, o artigo 34 da lei establece que, independentemente da clasificación xeral de deportistas de alto nivel e das medidas que se establecen na lexislación do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá realizar unha clasificación propia de deportistas galegos de alto nivel, de acordo coas federacións deportivas galegas, para os efectos do ámbito galego, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, aos cales lles serán de aplicación os beneficios que se establecerán regulamentariamente.

En desenvolvemento da citada Lei do deporte, ditáronse o Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, e a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, e os criterios deportivos para o recoñecemento dos núcleos de adestramento deportivo especializado; así mesmo, atribúeselle á Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento deportivo de base elevar a proposta de resolución á persoa titular do órgano competente en materia de deporte coa relación de deportistas galegos de alto nivel.

En consecuencia, atendendo á proposta enviada, con data do 10 de novembro de 2022, pola referida comisión, na súa reunión de valoración, esta Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación de persoas deportistas recoñecidas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base de Galicia, árbitros, técnicos e deportistas recoñecidos vitalicios que se relacionan no anexo desta resolución e que, en consecuencia, gozan dos beneficios que para tal consideración se lles atribúen.

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpor un recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

Persoas deportistas recoñecidas de alto nivel

Apelidos

Nome

DNI

Modalidade

Recoñecemento

Vixencia

1

Allegue Pena

Óscar

***3812**

Piragüismo

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

2

Álvarez Durán

Iago

***8310**

Piragüismo

Deportista galego de alto nivel

31.7.2026

3

Ares Maseda

Ana Vanessa

***3750**

Kickboxing

Deportista galega de alto nivel

15.11.2007

4

Caparrós Diéguez

Gonzalo

***4695**

Loita e D.A.

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

5

Carballo González

Sofía

***6317**

Natación

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

6

Da Costa Piñeiro

Lucía

***9683**

Piragüismo

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

7

De la Gándara Paz

Javier

***9287**

Vela

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

8

Domínguez Figueira

Mauro

***8917**

Piragüismo

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

9

Fernández Fraga

Alicia

***1806**

Balonmán

Deportista galego de alto nivel

28.12.2023

10

Fernández Vasco

Miguel

***7632**

Vela

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

11

Fernández Vázquez

Gabriel

***7599**

Pesca

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

12

García Villaverde

Anxo

***6066**

Piragüismo

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

13

Mouro Periscal

Ricardo

***7224**

Salvamento e Socorrismo

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

14

Rey Cuadrado

Carlos

***9854**

Taekwondo

Deportista galego de alto nivel

1.7.2027

15

Rodríguez Rodríguez

Saúl

***4171**

Ximnasia

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

16

Sieiro Barreiro

Carla

***7985**

Piragüismo

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007

17

Tomé de Bordóns

Yago

***9958**

Remo

Deportista galego de alto nivel

15.11.2007