Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60823

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de notificación da orde de realización dos traballos de xestión da biomasa.

De acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida efectuar a notificación, esta farase mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do Concello, e conterá os datos catastrais da parcela.

As persoas responsables dispoñen dun prazo de quince días naturais para a realización dos traballos de xestión da biomasa n+as parcelas indicadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Negociado de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, sito na praza de Armas, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que a ditou, nun prazo dun mes, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación, na forma prevista no artigo 46 da Lei 29/1988, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Referencia/Nº expediente

Referencia catastral

Acto notificado

Interesado

INC 1/2021/695

2021033959

15037A04300028

Resolución do 22.7.2022

Río Serantes, Antonio del

INC 5/2021/695

2021035006

15037A04300041

Resolución do 22.7.2022

Romero S-S, Juan

Ferrol, 28 de outubro de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 8 de xullo de 2019; BOP nº 137, do 22 de xullo)
Ana Lamas Villar
Concelleira delegada da Área de Servizos, Obras, Medio Ambiente,
Zona Rural e Participación Cidadá