Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60742

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

Mediante a Orde do 27 de decembro de 2021 establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e realizouse a súa convocatoria para o ano 2022 (DOG núm. 17, do 26 de xaneiro de 2022). No DOG número 146, do 2 de agosto, publicouse a Orde do 21 de xullo de 2022 pola que se ampliou a dotación orzamentaria da convocatoria.

A Orde do 27 de decembro de 2021 establece no artigo 4.6 que, de producirse remanentes nunha aplicación orzamentaria e/ou programa de axudas, se reasignarán as contías sobrantes na outra aplicación e/ou programa. As reasignacións levaranse a cabo logo das modificacións orzamentarias pertinentes.

Unha vez atendidas todas as solicitudes con cargo á aplicación orzamentaria 2022 11 04 324C 4815 do programa II, compróbase que existe crédito suficiente para atender as solicitudes pendentes, con cargo á aplicación orzamentaria 2022 11 04 324C 4705 do mesmo programa, por insuficiencia de crédito.

Por todo o exposto e co fin de atender as solicitudes pendentes do programa II da Orde 27 de decembro de 2021,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidade promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, redistribuíndo o crédito asignado entre as aplicacións do programa II e sen variar o orzamento total consignado na convocatoria.

Programa de axudas (procedemento)

Aplicación

Importe (€)

Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (TR356C)

11.04.324C.470.5

13.564,71

Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (TR356C)

11.04.324C.481.5

-13.564,71

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2022

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social