Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60732

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 15 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 28 de xuño de 2022 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21, convocados pola Orde do 8 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 55, do 21 de marzo).

Mediante a Orde do 8 de marzo de 2022 convocáronse os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21 (DOG núm. 55, do 21 de marzo).

Mediante a Orde do 28 de xuño de 2022 concedéronse os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21 (DOG núm. 129, do 7 de xullo).

Como consecuencia da interposición dun escrito de reclamación en relación coa concesión do premio extraordinario na familia profesional de Comercio e Marketing detectouse un erro consecuencia dunha omisión na aplicación dos criterios de desempate recollidos no punto 3 do artigo 12 da Orde do 8 de marzo de 2022.

Tendo en conta que o artigo 4 da Orde EDU/2128/2011, do 15 de xullo, pola que se crean e regulan os premios nacionais de formación profesional de grao superior establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións educativas competentes poderán convocar e conceder premios extraordinarios de formación profesional de grao superior nos seus respectivos ámbitos de competencia e que o artigo 2 da citada Orde do 8 de marzo de 2022 recolle a posibilidade de conceder ata vinte e tres premios e que a consellería só concedeu vinte e un e que, ademais, considerando que a posibilidade de exercicio da facultade de revisión da orde de concesión resultaría contrario á equidade, á boa fe e ao dereito dos particulares, por proposta da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder un premio extraordinario adicional de formación profesional de grao superior correspondente ao curso 2020/21 na familia profesional de Comercio e Márketing, á alumna Andrea Martínez Otero.

Segundo. Modificar o anexo da Orde de 28 de xuño de 2022, que queda redactado como segue:

ANEXO

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21

Nº inscrición

Apelidos e nome

Familia profesional

Cód. centro

Centro educativo

Importe

2218000184

Rañó Romero, Carla

Actividades Físicas e Deportivas

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2244000338

Enes Barbosa, Bárbara Sofía

Administración e Xestión

36011622

CPR Aloya

1.000 €

2207000373

Carril García, Adrián

Agraria

15027733

IES de Arzúa

1.000 €

2224000141

Pereiro Pesado, Sara

Artes Gráficas

36006419

IES Montecelo

1.000 €

2214000061

Cerdeira Rodríguez, Marta

Comercio e Márketing

15026753

IES A Pontepedriña

1.000 €

2217000016

Martínez Otero, Andrea

Comercio e Márketing

32016765

CIFP Portovello

1.000 €

2290000101

Veiga Mouzo, Irene

Edificación e Obra Civil

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

1.000 €

2287000364

Penido Arca, David

Electricidade e Electrónica

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

1.000 €

2279000310

Peleteiro Álvarez, Rosendo

Fabricación Mecánica

32009116

IES 12 de Outubro

1.000 €

2296000032

Paz Vázquez, María Florencia

Hostalaría e Turismo

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2213000282

Santana Taboada, Javier

Imaxe e Son

32015050

CIFP A Farixa

1.000 €

2259000110

Gómez Mejía, Natalia

Imaxe Persoal

15025645

IES Ricardo Carvalho Calero

1.000 €

2215000328

Castro Cores, Fernando

Industrias Alimentarias

36000481

IES Ramón Cabanillas

1.000 €

2260000221

Corbacho Vieites, Aarón

Informática e Comunicacións

36011853

CPR Daniel Castelao

1.000 €

2259000326

González García, Antonio

Instalación e Mantemento

15026376

IES Punta Candieira

1.000 €

2200000260

Sanjuás Vilar, Nuria

Marítimo-Pesqueira

36011804

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico

1.000 €

2276000055

Gómez Fernández, Lucía

Química

27006531

IES Lucus Augusti

1.000 €

2230000012

Alejos Fernández, Simón

Sanidade

27013958

IES Monte Castelo

1.000 €

2293000106

Salpurido Fernández, Sonia María

Seguridade e Medio Ambiente

36007552

CIFP A Granxa

1.000 €

2230000076

Vilar Abelleira, Rocío

Servizos Socioculturais e á Comunidade

36014489

CIFP A Xunqueira

1.000 €

2226000250

Rodríguez Places, Verónica

Téxtil, Confección e Pel

36013448

CIFP Manuel Antonio

1.000 €

2257000144

Álvarez Amor, Diego

Transporte e Mantemento de Vehículos

27020793

CIFP Porta da Auga

1.000 €

Terceiro. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 29 de xullo de 2022 (DOG núm. 151, do 9 de agosto), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira única. Efectos

Esta orde producirá efectos desde o momento da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29 de xullo de 2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades