Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol, A Coruña), para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol, A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de novembro de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de propietario

DNI

Acto notificado

494

32597895H

Trámite de audiencia