Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60772

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefatura da Sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

Mediante a Resolución do 21 de xuño de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, publicada no DOG núm. 129, do 7 de xullo, convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefatura da Sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Declarar deserta a convocatoria para a provisión dun posto de xefatura da Sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía na Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, por non concorreren aspirantes ao procedemento convocado.

Segundo. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 7 de novembro de 2022

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés