Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60481

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022 pola que se publica o resultado da décimo terceira edición dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia (código de procedemento MR709A).

Mediante a Resolución do 30 de decembro de 2021 convocouse, por tramitación anticipada de gasto, a décimo terceira edición dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e aprobáronse as súas bases reguladoras (DOG núm. 18, do 27 de xaneiro de 2022).

Para financiar esta convocatoria existía un crédito de 80.000 €, que se imputou ás contas orzamentarias 14.A1.712A.770.0 e 14.A1.712A.781.0.

O 21 de outubro de 2022 a directora xeral da Agader, no exercicio das competencias atribuídas en virtude do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013, DOG núm. 148, do 5 de agosto), resolveu a citada convocatoria.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa, o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención. Así mesmo, o artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que se deberá publicar a concesión das correspondentes axudas ou subvencións.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas ao abeiro da décimo terceira edición dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia, convocada pola Resolución do 30 de decembro de 2021.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Categoría

Candidatura

Premiado

Premio

Mocidade

Explotación gandeira de vacún de carne en extensivo situada en Vilapedre (Vilalba)

Xabier Benxamín Paz González

11.428,57 €

Proxectos de interese social

30 anos da asociación Íntegro

Asociación Íntegro Diversidad Funcional Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

11.428,57 €

Turismo

Atmos Hotel

Adsens 360, S.L.

11.428,57 €

Sector agrogandeiro

Belacolmea, diversificación apícola: aposta pola cosmética natural como motor das explotacións apícolas

Agrupación para o Desenvolvemento e Formación do Sector Apícola Galego

11.428,57 €

Mulleres

Terras de Asorei aposta pola igualdade como símbolo de progreso para todos

Adegas Terra de Asorei, S.L.

11.428,57 €

Innovación tecnolóxica

Rir & Co Diseño Textil

Inés Rodríguez Rodríguez

11.428,57 €

Recuperación e posta en valor da terra agraria

Asoporcel

Asociación de Criadores Raza Porcina Celta

11.428,57 €