Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60500

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 11 de novembro de 2022 polo que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta axencia.

Anúnciase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (en diante, Axencia).

As bases da convocatoria están ao dispor das persoas interesadas no taboleiro de anuncios das dependencias da Axencia e na web www.agader.xunta.gal

O prazo para presentar as solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Código e denominación do posto de traballo:

Código do posto: AGDR 01 02 00.

Denominación do posto: xefe/a da Área Xurídica.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural