Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 3 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de procedencia do procedemento declarativo de reintegro dun expediente de axudas e subvencións do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas de longa duración.

En uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), intentada a notificación da resolución de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícase a persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Pontevedra, en Vigo, rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela. Advírteselle que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no devandito anexo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, de conformidade co establecido na Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 3 de novembro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de xestión: TR349R 2020/41-5.

NIF: B94203619.

Último enderezo coñecido: r/ Concepción Arenal, 105 23-36900 Marín (Pontevedra).

Tipo de axuda: programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas de longa duración.

Norma reguladora: Orde do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas de longa duración.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 27.1.a) da devandita Orde do 21 novembro de 2019.

Contido da resolución: resolución de procedencia do procedemento declarativo de reintegro total.

Data da resolución: 21.10.2022.