Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de novembro de 2022, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións de baixa da autorización turística dos establecementos que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), fanse públicas as resolucións ditadas nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar polos medios habituais.

Contra as ditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 y 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

Ourense, 8 de novembro de 2022

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Pensión Casa do Lombo H-OR-000833.

Titular: Juan Carlos Gelabert Aparicio.

Enderezo: Cacidrón, nº 1.

Concello: Castro Caldelas.

Establecemento: Vivenda de Uso Turístico Ático C VUT-OR-000030.

Titular: Josefa Nespereira Doval.

Enderezo: avda. Buenos Aires, 19-8º C.

Concello: Ourense.

Establecemento: Vivenda de Uso Turístico Estudio Aourense-Ático B VUT-OR-000127.

Titular: Josefa Nespereira Doval.

Enderezo: avda. Buenos Aires, 17-8º B.

Concello: Ourense.