Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle (Ourense).
Denominación: adecuación CT Souteiro-27C694 (Friol).
Situación: concello de Friol.
Características técnicas:
– Substitución do CT da caseta Souteiro 50 kVA (27C694) (expediente 221/2016-AT) por un CT intemperie de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V sobre apoio metálico tipo C-12/2000 e demolición da caseta do CT existente.
– Substitución dos condutores entre o apoio nº 21-2-17-2 e o apoio nº 21-2-17-3-CT, cunha lonxitude de 17 metros en condutor LA-56.
Finalidade da instalación: aumento de potencia.
Orzamento: 24.049,22 €.
Documentación que se acompaña:
– Separata para o concello de Friol.
– Separata para a CHMS.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá realizala un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, e deberase achegar, no seu momento, a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente.
Lugo, 28 de outubro de 2022
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo