Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 4 de novembro de 2022 polo que se notifican os requirimentos de emenda, a resolución de exclusión e a resolución de arrendamento relativos ao procedemento de arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio os requirimentos de emenda, a resolución de exclusión e a resolución de arrendamento relativos ao procedemento de arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (Lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI/CIF

Acto que se notifica

20081500397-2021-11145

Arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia

52938062C

Requirimento de emenda de solicitude de arrendamento

20141500412-2021-11148

Arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia

52938062C

Requirimento de emenda de solicitude de arrendamento

20093200198

Arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia

34532598F

Proposta e resolución da exclusión dun predio do Banco de Terras

20142700096-2020-10664

Arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia

33333326R

Notificación da resolución de arrendamento