Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60454

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Shantavira, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

En cumprimento do disposto no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal de Shantavira, Sociedade Cooperativa Galega, que tivo lugar o 25 de outubro de 2022, se acordou por unanimidade de votos a disolución de Shantavira, S. Coop. Galega.

A Coruña, 3 de novembro de 2022

Concepción Pita Conde
Administradora única de Shantavira, S. Coop. Galega