Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 4 de novembro de 2022 polo que se notifica a resolución do procedemento de concesión de axudas para o financiamento de intervencións arqueolóxicas porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, con data do 25 de agosto de 2022, ditou resolución do procedimiento de concesión de axudas destinadas á colaboración no financiamiento de intervencións arqueolóxicas. Intentada a notificación persoal desta resolución á persoa interesada que se indica neste anuncio, non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Código do procedemento: CT104B 2022/024.

DNI/CIF da persoa interesada: 35259956J.

Acto notificado: resolución do procedemento, exclusión.