Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60452

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Touro, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO do acordo de liquidación e extinción da cooperativa.

Na Asamblea Xeral extraordinaria de Touro, S. Coop. Galega, con CIF F15953441, do día 10 de outubro de 2022, no domicilio social da cooperativa sito en Touro (A Coruña), acordouse por unanimidade a extinción da devandita e a aprobación do seguinte balance final da liquidación e do proxecto de distribución de activos, segundo o previsto na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia:

Total activo: 0,00 €.

Capital: 105.311 €.

Resultados negativos: -105.311 €.

Total pasivo: 0,00 €.

Os socios faranse cargo dos resultados negativos e non existe, polo tanto, ningunha repartición aos socios como resultado da liquidación.

Touro, 27 de outubro de 2022

José María Oubel Fernández
Liquidador