De conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de promoción pública (aloxamentos protexidos) en segundas adxudicacións no concello de Ferrol, iniciado pola Resolución do 22 de abril de 2022.
O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial da Coruña do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial da Coruña do Instituto Galego de Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Unha vez transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 9 de novembro de 2022
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto de notificación |
94937 |
32651098E |
Trámite de audiencia |
99971 |
02605244B |
Trámite de audiencia |