Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2022/25 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: r/ Isabel Torres, nº 25, edificio Viesgo PCTCAN, 39011 Santander.

Denominación: S.E. Carba 132 kV: integración e traslado do control e protección das posicións de 132 kV.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas principais:

• Reforma da subestación Carba, consistente na integración e renovación do sistema de control e protección das posicións de 132 kV, propiedade de Viesgo Distribución Eléctrica, S.L., así como a instalación dun novo sistema de servizos auxiliares alimentados desde as barras de 132 kV.

• Construción dunha caseta de control, na cal se instalarán os armarios de control, protección e comunicacións.

• Instalación dun peche que delimite e separe as propiedades de Viesgo Distribución Eléctrica, S.L. e de Acciona.

• Instalación nas barras de 132 kV, de tres transformadores monofásicos de tensión para a alimentación dos servizos auxiliares de Viesgo.

Finalidade da instalación: adecuación de instalacións.

Orzamento: 609.765,35 €.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Vilalba.

• Separata para o Ministerio de Transición Ecolóxica.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás devanditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra debe realizala un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias; o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 15 de setembro de 2022

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo