Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 59980

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 3 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404F).

BDNS (Identif.): 658960.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas.

Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependente, segundo o artigo 85 da Lei 7/1985, de calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a concesión de subvencións para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e convocalas para o ano 2023 (código de procedemento CT404F).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 3 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404F).

Cuarto. Importe

1. As axudas relativas ao obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 660.986,24 euros, para a anualidade 2023 imputables ás aplicacións orzamentarias 10. A1.432B.760.0 e 10.A1.432B.770.1, código de proxecto 2022 00002, da Axencia Galega das Industrias Culturais.

2. A distribución orzamentaria por categorías será a seguinte:

Categoría

Aplicación

Total

Persoas físicas e xurídicas

10.A1.432B.770.1

400.000,00 euros

Concellos e organismos dependentes

10.A1.432B.760.0

260.986,24 euros

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais