De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento á persoa interesada con documento nacional de identidade número 77408622Y, para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/193/2021-RP1, en relación coas obras consistentes en construción dunha edificación para uso residencial, no lugar de Nogueiró de Arriba, no termo municipal de Meis, provincia de Pontevedra.
O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística