Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59577

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 8 de novembro de 2022 pola que se dispón o cesamento dun vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento, por petición propia, de Juan Carlos Morán Nieto como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra en representación da organización sindical Sindicato Profesional de Policías Locais e Bombeiros (SPPLB), agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar