Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 27 de outubro de 2022 pola que se notifica a resolución de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Uxía, varada na explanada do porto de Cariño (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Juan Carlos Fontela Montero, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 6 de outubro de 2022 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara en situación de abandono a embarcación Uxía, con folio 7ª-GI-4-204-91, varada na explanada do porto de Cariño, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación varada na explanada do porto de Cariño sen actividade nin mantemento ningún e sen aboar as taxas pendentes desde hai máis dun ano, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG nº 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque, e de resultar esta fallida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación serán por conta do propietario e do arrendatario.

A presidenta de Portos de Galicia emite esta resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia