Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Martes, 15 de novembro de 2022 Páx. 59274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN661A 2018/1-1, no concello de Ponteceso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación parque eólico Corme), no concello de Ponteceso (expediente IN661A 2018/1-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias dos referidos concellos.

A Coruña, 27 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2018/1-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación parque eólico Corme).

Concello: Ponteceso.

Predio

Parcela

Pol.

Titularidade proposta

Data

Hora

27

775

97

María Suárez Camiño

23.11.2022

9.36

60

385

97

María Suárez Camiño

23.11.2022

9.36

509

352-a

97

Rocas Ornamentales de Mens

1.12.2022

11.42

510

352-b

97

Rocas Ornamentales de Mens

1.12.2022

11.42