Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos de cancelación conxunta no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2020/00046 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da Xefatura Territorial, cuxo texto íntegro, así como os seus respectivos expedientes, están á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser recorridas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 21 de outubro de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIE

Acto notificado

LU-2020/00046

33544137V

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2017/00072

33237824H

Resolución de cancelación da inscrición