Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2022/270-4).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.

Domicilio social: Chan da Ponte, nº 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMTS, reforma e cambio de localización do CT Salceda-A Igrexa.

Situación: Salceda de Caselas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 78 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo no apoio existente C-4500/22 da LMTA Salceda-A Igrexa e final no centro de transformación proxectado Salceda-A Igrexa, na nova localización.

Centro de transformación en caseta prefabricada, a 250 kVA, con RT 20 kV/400-230 V e celas compactas SF6, situado na Feira, Santa María de Salceda, no concello de Salceda de Caselas.

Consideracións legais:

A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Polo que antecede, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG núm. 203, do 25 de outubro de 2017, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Outorgar á empresa Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 13 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra