Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59196

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da aprobación do cambio de uso dotacional de equipamento público escolar a equipamento sociocultural (artigo 42.5 da LSG) (expediente 5532/2020).

O Pleno do Concello de Redondela, en sesión ordinaria do día 29 de setembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o cambio de uso da parcela sita no Camiño da Igrexa, nº 8, barrio Igrexa, Chapela, do antigo colexio Igrexa en Chapela, do Plan especial da reforma interior de Chapela, de dotacional público equipamento escolar a uso dotacional. Equipamento socio-cultural.

Segundo. Publicar este acordo no BOP e no DOG, e remitilo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia.

Terceiro. Notificar este acordo ao departamento municipal de urbanismo, para o seu coñecemento.

Redondela, 7 de outubro de 2022

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa