Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 58864

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 175/2022, do 13 de outubro, sobre vixilancia sanitaria das augas de baño de Galicia.

Advertido un erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 205, do 27 de outubro de 2022, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 56591, no artigo 9.1, onde di: «...acompañado da documentación complementaria indicada no artigo 11.2», debe dicir: «...acompañado da documentación complementaria indicada no artigo 11.3».