Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58833

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

ANUNCIO de notificación de xestión da biomasa.

Logo de iniciar os expedientes relativos ao incumprimento dos deberes previstos no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, ao non ser posible efectuarlles a notificación da forma habitual aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requírense as persoas propietarias das parcelas para que, no prazo de quince (15) días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, executen os traballos de limpeza da maleza existente nelas, así como a retirada das especies arbóreas prohibidas, coa advertencia da facultade do Concello para la realización da execución subsidiaria de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

Expediente

Referencia catastral

Localización

Titular

324/2022

27047A041007730000SA

Polígono 41, parcela 773

Descoñecido/a

326/2022

27047A041006640000SX

Polígono 41, parcela 664

Rego Álvarez, Manuela (herdeiros/as)

A Pobra do Brollón, 17 de outubro de 2022

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde