Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58853

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2022 pola que se anuncia a licitación da subministración dun microscopio multifotón (expediente AB-IDI1-22-005).

A Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela anuncia a licitación polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, dunha subministración dun microscopio multifotón, con número de expediente AB-IDI1-22-005.

Os pregos e demais documentación da contratación están dispoñibles no perfil do contratante da entidade, na Plataforma de contratos de Galicia: https://www.contratosdegalicia.gal

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022

Isabel Lista García
Directora da Fundación Instituto de Investigación
Sanitaria de Santiago de Compostela