Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2022/76 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: novo CT Petroprix e LSAT 20 kV Ribadeo de alimentación (OPA 1_7973001).

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Ribadeo enlace CT 1598 Mercadona e novo CT Petroprix proxectado, con orixe nun empalme que se realizará nunha arqueta (punto A do proxecto) existente e final no CT Petroprix proxectado, cunha lonxitude de 115 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Ribadeo, enlace novo CT Petroprix proxectado e CS 9815 Eroski 1, consistente no desprazamento do condutor existente desde o punto B de proxecto ata o CT proxectado Petroprix, en condutor RHZ1-240.

• CT prefabricado Petroprix, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe de 37 metros de condutor RHZ-240.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 55.590,73 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Ribadeo.

• Separata para o Ministerio de Fomento.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 26 de outubro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo