Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58573

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da acta de entrega á Xunta de Galicia do treito final da estrada DP-5802 (p.q. 0+850 ao 1+060).

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas, faise pública a seguinte acta de entrega á Xunta de Galicia do treito final da estrada DP-5802 (p.q. 0+850 ao 1+060):

A Coruña, 8 de agosto de 2022

Xosé Regueira Varela
Presidente en funcións da Deputación Provincial da Coruña

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da Deputación
Provincial da Coruña

Acta de entrega á Xunta de Galicia do treito final
da estrada DP-5802 (p.q. 0+850 ao 1+060)

A Coruña, 19 de xullo de 2022

Reunidos:

Dunha parte, Valentín González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.

Doutra parte, Joaquín Macho Canales, secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, actuando ambos no exercicio do seu cargo e na representación que exercen, e recoñecéndose mutuamente capacidade para a sinatura deste documento,

Manifestan:

Que a Xunta de Galicia solicitou á Deputación Provincial da Coruña o cambio de titularidade do seguinte treito final da estrada DP-5802:

Clave

Denominación

X-inicial

Y-inicial

Y-inicial

Y-final

Lonx. (km)

DP-5802

Treito de acceso final ao porto de Lorbé

556.555

4.804.451

556.740

4.804.397

0,21

Incorpórase plano en que se identifican graficamente os límites do treito afectado como anexo.

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña acordou, en sesión ordinaria do 27 de setembro de 2019, transferir á Xunta de Galicia a titularidade do citado treito.

A Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o Decreto 129/2022, do 7 de xullo, publicado no Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo de 2022, aprobou o cambio de titularidade do citado treito.

Por todo o exposto,

ACORDAN:

Formalizar esta acta de entrega nos termos indicados a seguir:

I. A Deputación Provincial fai entrega á Xunta de Galicia do seguinte treito da estrada DP-5802:

Clave

Denominación

X-inicial

Y-inicial

Y-inicial

Y-final

Lonx. (km)

DP-5802

Treito de acceso final ao porto de Lorbé

556.555

4.804.451

556.740

4.804.397

0,21

II. A Xunta de Galicia acepta e recibe o citado treito.

Así o din e asinan no lugar e na data establecidos no encabezamento.

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación Provincial
da Coruña

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

missing image file