Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar, no concello de Tomiño, da cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/226-4).

A instalación denominada reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 2 de xuño de 2022, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados; ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 13 de decembro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Tomiño.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios e serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 13 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2

solo

ml servidume de paso aérea

m2 servidume de paso aérea

1

36054A060002560000EK

Pereiro

Manuel Calzado Domínguez

1

22,31

5,8

8,62

3

36054A060002580000ED

Pereiro

Manuel Calzado Domínguez

24,25

4

36054A060002550000EO

Toxeiras

Manuel Calzado Domínguez

21,06

109,74

6

36054A059000440000ET

Gargantada

Evaristo Méndez Álvarez

2

12,96

7

36054A059000460000EM

Gargantada

Isabel González Barbosa

3

12,96

8

36054A059000880000EJ

Salgosa

José Antonio Pereira Pereira e outros

4

13,42