Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58312

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2022 pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).

A Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G), establece que se concederán subvencións ata o esgotamento do crédito orzamentario, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para as subvencións obxecto desta convocatoria destinouse un crédito por importe total de 2.600.000 €, de acordo co seguinte detalle:

Concepto

Aplicación

Proxecto

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Total

REACT Construción: liña 1.1

06.A4.741A.770.0

2021 00005

100.000

250.000

350.000

06.A4.741A.780.0

50.000

150.000

200.000

REACT Construción: liña 1.2

06.A4.741A.780.0

50.000

600.000

650.000

REACT Construción: liña 2.1

06.A4.741A.771.0

30.000

380.000

410.000

06.A4.741A.780.0

20.000

120.000

140.000

REACT Construción: liña 2.2

06.A4.741A.781.0

50.000

800.000

850.000

Total

300.000

2.300.000

2.600.000

As partidas orzamentarias fináncianse con fondos REACT-UE no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 nunha porcentaxe do 100 % a través do obxectivo temático 13 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; prioridade de investimento 13.1 «Favorecer a reparación da crise no contexto na pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; obxectivo específico 20.1.4 «Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde», e liña de actuación 20.1.4.3.b «Axudas para a construción sustentable con madeira».

Tal como se establece no artigo 1.2 da Resolución do 29 de setembro de 2022, o procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei.

Unha vez esgotado o crédito, o órgano xestor deberá publicar o esgotamento da partida orzamentaria e a inadmisión de posteriores solicitudes.

En virtude do exposto anteriormente, e no uso das facultades que teño atribuídas,

RESOLVO:

Artigo único

Dar a coñecer que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas contidas na Resolución do 29 de setembro de 2022, da Axencia Galega da Industria Forestal-XERA, pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 %, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G) quedou esgotado o 2 de novembro de 2022.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal