Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de inicio de trámites de audiencia en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova, Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha atención adecuada, con anterioridade á referida comparecencia deberán concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 19 de outubro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Nº prop.

Acto que se notifica

Rosa Méndez Fernández

496

Trámite de audiencia

Monte veciñal non clasificado lugar Pereiro

121

Trámite de audiencia

Monte veciñal non clasificado lugar San Martiño

131

Trámite de audiencia