Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 57994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de termalidade das augas dos mananciais identificados como Daniela I e Daniela II, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra).

Esta xefatura territorial está tramitando a solicitude do Concello de Ponte Caldelas de declaración de condición de termalidade das augas dos mananciais Daniela I e Daniela II.

De conformidade co disposto no artigo 4.3 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, a solicitude de declaración de termalidade dos mananciais Daniela I e Daniela II, cuxas características son:

Recurso: augas termais (Sección B).

Situación: marxe dereita do río Verdugo, no lugar de Ponte Caldelas (Pontevedra).

Coordenadas Daniela I: X=541.253,49 e Y=4.692.775,50 (datum ETRS89, fuso 29).

Coordenadas Daniela II: X=541.253,08 e Y=4.692.775,99 (datum ETRS89, fuso 29).

Temperatura: Daniela I 32ºC e Daniela II 34ºC.

A solicitude da declaración de termalidade poderá ser consultada no seguinte enderezo electrónico:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Segundo. As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, preferiblemente, a través do formulario normalizado (PR004) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, ademais dos lugares e rexistros establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Cando sexa indispensable a atención presencial, as persoas interesadas poderán acudir a esta xefatura territorial (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar, 36003 Pontevedra), mediante unha cita previa no número de teléfono 986 80 52 37.

Pontevedra, 28 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra