No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, tramítase o recurso 286/2022 P (procedemento abreviado), interposto por Yolanda García Osorio fronte á desestimación presunta do recurso de reposición interposto o 25 de outubro de 2019 contra a Resolución do 16 de setembro de 2019, ditada pola directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión de servizos (DOG núm. 184, do 27 de setembro) (categoría: enfermeiro/a).
A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022
Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos