Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2022 Páx. 57801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 17 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2022/72 ATE).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto de regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 e CHA813 Currelos 13 entre AP D32 e AP D47 (Chantada), segundo se sinala no cadro anexo.

Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lmat-Chantada

Lugo, 17 de outubro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proxecto para regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 e CHA813 Currelos 13
entre AP D32 e AP D47 en Chantada (Lugo)

Concello: Chantada.

Expediente: 2022/72 ATE.

Declaración de utilidade pública

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Políg.

Parc.

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Hdros. de Aurora Lorenzana Fernández

16

284

Coto

Matogueira

D42

2.0

2

Regina Fernández Penas

16

327

Coto

Matogueira

D46

2.0