Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: reforma LMTA FRI808, LMTS FRI808 e CS en Ameixeira.
Situación: Crecente.
Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor tipo LA 110, de 168 metros lonxitude, con orixe no apoio existente HVH-1600/13 (AP5555NK//73) e final no apoio proxectado C-1000/14. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor tipo RHZ1, de 468 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio proxectado C-1000/14, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento (CS), 3L, 2 telecontroladas, con celas compactas e corte en SF6, situado na parcela con referencia catastral 36014A042015550000YU, en Ameixeira, no municipio de Crecente (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 11 de outubro de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2022/368-4.
Denominación: reforma LMTA FRI808, LMTS FRI808 e CS en Ameixeira.
Concello: Crecente.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
CS |
Afeccións |
||
Nº |
m2 |
Sup. m2 |
Lonx. |
Sup. m2 |
|||||
1 |
Boco |
Rústico |
36014A042015550000YU |
Descoñecido/a |
14 |
3,31 |
8,27 |
||
2 |
Fonte de Abaixo |
Rústico |
36014A042014700000YG |
Descoñecido/a |
2 |
1,44 |
2,93 |
7,56 |