Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2022 Páx. 57738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Rosal (expediente IN407A 2022/365-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA e substitución dos apoios 9QTH5S21//28, 9RJLB19C//40 e 9RLT6LC//41 na LMTA ROS806.

Situación: O Rosal.

Características técnicas: substitución dos apoios na LMTA ROS806: o 9QTG5S21//28 por un C-2000/22, o 9RJLB19C//40 por un C-2000/12 e o 9RLTM6LC//41 por un C-1000/12. Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, en dúas actuacións. A primeira de 22 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9QOMIEJB//27 e final no apoio proxectado C-2000//22. A segunda actuación é de 25 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/12 e final no apoio proxectado C-1000/12. A instalación está situada no Cruceiro, San Miguel de Tabagón, no concello do Rosal (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 11 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/365-4.

Denominación: LMTA e substitución dos apoios 9QTH5S21//28, 9RJLB19C//40 e 9RLT6LC//41 na LMTA ROS806.

Concello: O Rosal.

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

lonx.

sup. m2

2

Rústico

36048B503002460000UF

María Luisa Freitas Sánchez

Gonzalo Freitas Costas

María Jesús Freitas Costas

3

1,21

3

Rústico

36048A077090080000FF

Xunta Veciñal de Montes en Man Común de San Miguel de Tabagón

1

2,41