A persoa representante da titularidade do Centro Privado (CPR) Plurilingüe San Narciso, de Marín, solicita a modificación da autorización para impartir o bacharelato da modalidade Xeral.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización para impartir o bacharelato da modalidade Xeral, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.
Denominación específica: San Narciso.
Código: 36004526.
Enderezo: Chan do Monte, nº 27.
Localidade: Marín.
Concello: Marín.
Código postal: 36900.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Seimarin2019, S.L.
Composición resultante:
Educación infantil: 6 unidades.
Educación primaria: 18 unidades.
Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.
Bacharelato: 6 unidades das modalidades de: Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais e Xeral.
Formación profesional, modalidade presencial, réxime ordinario:
a) Ciclos formativos de grao medio:
• 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 30 postos escolares).
• 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).
b) Ciclos formativos de grao superior:
• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).
• 2 CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva (4 unidades, 20 postos escolares cada unha).
• 1 CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).
• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).
• 1 CS Educación Infantil (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades