Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2022 Páx. 57838

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

O Combarro, Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas en liquidación

ANUNCIO de liquidación da cooperativa.

A cooperativa O Combarro, Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas en liquidación, inscrita no Rexistro de Cooperativas da Coruña co número de inscrición 1277-C, anuncia que na asemblea que tivo lugar en Santiago de Compostela o 19 de xullo de 2022, cumpridos os requisitos legais e estatutarios previstos para a convocatoria, adoptou o acordo de aprobar o balance final e o proxecto de distribución do activo, previamente censurado polos órganos de intervención da cooperativa.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022

Manuel Pena Chayán
Francisco Cepeda Espinosa
Ramón Ares Silvalde
Liquidadores