De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), notifícaselle a Ricardo Fernández Fariña, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido, o emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 222/2022 do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, de acordo co artigo 49.1 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa para os efectos de que poidan comparecer nun prazo de 9 días.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Os datos identificativos do recurso contencioso-administrativo son os seguintes:
– Xulgado competente: Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.
– Número de procedemento: procedemento abreviado 222/2022.
– Recorrente: Miguel Vázquez Núñez.
– Actuación administrativa impugnada: reclamación patrimonial por danos no seu vehículo no porto de Beluso.
– Demandada: Ente Público Portos de Galicia.
E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, expido, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2022
Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia