Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 17 de outubro de 2022 de emprazamento para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/50/2021-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento á persoa interesada con documento nacional de identidade número 33841904A, para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/50/2021-RP1, en relación coas obras consistentes na edificación auxiliar de vivenda unifamiliar preexistente, soleira de formigón e peche, que se levan a cabo no lugar de Saa, parroquia de Cadoalla, no termo municipal de Becerreá, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística