Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a modificación substancial da autorización ambiental integrada de Masol Iberia Biofuel, S.L. para a planta de produción e almacenamento de biodiésel, glicerina, ácidos graxos e gomas a partir de aceites vexetais e outras materias graxas en Ferrol (A Coruña) (expediente 2022-IPPC-M-99).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que polo espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos:

– Proxecto básico da modificación substancial de actividade suxeita á autorización ambiental integrada.

– Estudo de impacto ambiental.

Para que calquera persoa interesada poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2022-IPPC-M-99.

Peticionaria: Masol Iberia Biofuel, S.L.U.

CIF: B86762903.

Razón social: vía Layetana núm. 47, bloque 3, pta. 1, 08003 Barcelona.

Localización da instalación: 2ª fase do porto exterior, cabo Prioriño Chico, 15590 Ferrol.

Actividade: planta de produción e almacenamento de biodiésel, glicerina, ácidos graxos e gomas a partir de aceites vexetais.

Descrición: a actuación proxectada consiste na ampliación das instalacións co obxecto de mellorar a calidade do biodiésel producido a raíz da introdución de aceites vexetais usados e outras materias graxas como materia prima no proceso produtivo.

As novas infraestruturas que se instalarán son:

• Instalación da nova etapa de esterificación avanzada.

• Instalación da nova etapa de destilación para a mellora das especificacións do biodiésel producido.

• Instalación da nova caldeira de alta presión, asociada á nova etapa de destilación.

• Nova instalación de desmineralización de auga asociada á caldeira de alta presión.

• Instalación dunha centrífuga (decanter).

• Instalación dun novo tanque e sete depósitos intermedios de proceso.

• Montaxe e instalación dun novo transformador de 1.000 kVA, dentro do actual centro de transformación existente.

• Incorporación do ácido metanosulfónico como substancia alternativa ao ácido sulfúrico (non se elimina a posibilidade de utilización do ácido sulfúrico).

Verteduras:

• Augas residuais industriais: as augas residuais industriais do proceso, conxuntamente coas augas residuais industriais procedentes das purgas das caldeiras, das purgas das torres de refrixeración e dos rexeitamentos de descalcificación da auga bruta, son tratadas nunha depuradora de augas residuais con tratamento fisicoquímico e biolóxico. O efluente da depuradora vértese ao mar (bacía da costa da Coruña, entre Cedeira e Ferrol), a través da rede de pluviais do porto exterior de Ferrol. A devandita depuradora recibe, ademais, as augas residuais fecais (agás as correspondentes ao edificio administrativo) e as augas residuais pluviais xeradas nas instalacións.

• Augas residuais pluviais: as augas residuais pluviais xeradas na planta envíanse á depuradora de augas residuais existente nas instalacións.

• Augas residuais fecais: as augas residuais fecais xeradas no edificio administrativo son canalizadas á rede de saneamento do porto exterior de Ferrol, a cal conta con depuración posterior. O resto de augas residuais fecais xeradas nas instalacións envíanse á depuradora de augas residuais existente nas instalacións para o seu tratamento conxunto coas augas residuais industriais e pluviais.