Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2022/1271-3 e catorce máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 11 de outubro de 2022

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A 2022/1271-3

34625681D

PR204A 2022/1996-3

X7251255E

PR204A 2022/2037-3

Y1448266Q

PR204A 2022/2256-3

34628632Q

PR204A 2022/2362-3

X3760034V

PR204A 2022/2634-3

02029436P

PR204A 2022/2927-3

43103159D

PR204A 2022/2953-3

52178286A

PR204A 2022/3206-3

15443511T

PR204A 2022/3238-3

07011312S

PR204A 2022/3403-3

44662944A

PR204A 2022/3451-3

22722580Y

PR204A 2022/3569-3

34978948L

PR204A 2022/3659-3

77460718F

PR204A 2022/3679-3

034597585L