Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 24 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución da LAT 132 kV SET Navallos-SET Punago A Vacariza, nos concellos de Baleira e Castroverde (expediente IN408A/2020/120).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Antecedentes:

• O 11.9.2020 Enel Green Power España, S.L. presenta na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DXPERN) a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a aprobación do proxecto sectorial, do proxecto indicado Liña aérea a 132 kV SET Navallos-SET Punago.

• O 2.3.2022 Enel Green Power España, S.L. achega á DXPERN a actualización da documentación técnica e ambiental para a tramitación requirida do proxecto, en substitución da anterior documentación presentada.

• O 6.5.2022 o promotor presenta un refundido do EIA no cal incorpora as modificacións achegadas o 4.4.2022 como resposta ao requirimento da DXPERN do 22.3.2022.

• Por Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais do 16.6.2022 declarouse a tramitación de urxencia do procedemento administrativo correspondente á LAT 132 kV SET Navallos-SET Punago A Vacariza, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á información pública e á presentación de solicitudes e recursos.

• Con data do 19.7.2022 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a DXPERN achega a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a continuación:

Solicitante/promotor: Enel Green Power España, S.L. (NIF B61234613).

Domicilio social: rúa Fernando Casas Novoa, 35B 2, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: proxecto de execución da liña aérea a 132kV SET Navallos-SET Punago.

Situación: concellos de Baleira e Castroverde (Lugo).

Orzamento total (execución material): 1.186.608,13 €.

Características técnicas das instalacións:

Liña de evacuación da enerxía eléctrica xerada polo PE Navallos de 132 kV de tensión nominal, cunha lonxitude de 5.160,24 m e un trazado que discorre polos concellos de Baleira e Castroverde. Conta cun único tramo aéreo que ten como orixe o pórtico da SET Navallos desde onde, a través de 11 aliñacións e 30 apoios, finalizará no pórtico SET Punago, con condutor de simple circuíto con armado en triángulo do tipo 242-AL1/39-ST1A (LA280) e cable de terra OPGW 53G68Z.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución (asinado 28.12.2021).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado 4.5.2022).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (asinado 7.2.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39), así como nos concellos de Baleira e Castroverde (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través do seguinte enlace:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lat-navallos

Lugo, 24 de outubro de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo