Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57363

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 10 de xuño de 2022 (BOE do 23 de xuño), para a provisión da praza número 22/037, de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade, a favor de Raquel Martínez Buján, con DNI núm. ***4248**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Raquel Martínez Buján profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 18 de outubro de 2022

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña