Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 14 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 248).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que coiden oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de outubro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

36042186J

36042186J/27-06-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

43228740X

43228740X/28-06-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

77971675L

77971675L/16-03-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Pontevedra

39452360T

39452360T/12-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

39499150P

39499150P/13-06-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

77014041J

77014041J/12-04-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Moaña

78735976F

78735976F/21-03-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cangas

X5700665T

X5700665T/23-06-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cambados