En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: PE Tramontana 4W, S.L.; CIF: B72383730.
Denominación do proxecto: parque eólico Tramontana.
Concellos afectados: Baltar, Cualedro e Xinzo de Limia (Ourense).
Potencia que se vai instalar: 26,4 MW.
Número de aeroxeradores: 8 × 3,3 MW de potencia nominal unitaria.
Produción media anual estimada: 88.962,9 MWh/ano.
Subestación: SET Tramontana 30/132 kV.
Prazo de execución: 12 meses.
Orzamento de execución material: 21.481.030,33 €.
Localización (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89):
As coordenadas que definen a poligonal do parque eólico son:
Vértice |
X |
Y |
V1 |
605.044,89 |
4.639.497,57 |
V2 |
607.879,58 |
4.641.037,81 |
V3 |
609.195,63 |
4.641.636,67 |
V4 |
609.954,46 |
4.643.452,02 |
V5 |
612.840,40 |
4.646.111,32 |
V6 |
613.499,35 |
4.645.781,85 |
V7 |
612.913,87 |
4.644.792,54 |
V8 |
610.518,57 |
4.643.130,69 |
V9 |
609.582,43 |
4.641.412,20 |
V10 |
607.875,05 |
4.640.416,03 |
V11 |
607.475,92 |
4.640.304,88 |
V12 |
606.763,11 |
4.639.939,30 |
V13 |
605.996,34 |
4.639.514,33 |
V14 |
605.406,83 |
4.638.891,86 |
A área que define a poligonal anterior ten unha superficie de 663,54 ha.
As coordenadas previstas en proxecto para os aeroxeradores e para a subestación (SET) son:
X |
Y |
|
T01 |
607.539,00 |
4.640.534,00 |
T02 |
607.221,22 |
4.640.401,16 |
T03 |
606.922,85 |
4.640.248,83 |
T04 |
606.696,08 |
4.640.133,04 |
T05 |
606.355,16 |
4.639.945,50 |
T06 |
605.983,92 |
4.639.737,12 |
T07 |
605.667,66 |
4.639.462,28 |
T08 |
605.477,86 |
4.639.260,26 |
SET |
606.034,69 |
4.639.985,32 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– 8 aeroxeradores modelo Vestas V112 de 3,3 MW de potencia unitaria, cunha altura de buxa de 94 m, diámetro de rotor de 112 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia góndola dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 4.000 kVA e relación de transformación de 0,65/30 kV.
– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión en serie entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque eólico, composta por dous circuítos con condutores tipo HEPRZ1 18/30 kV AL + H25 de sección variable segundo o tramo, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores T01 a T05 coa SET e o circuíto 2 para os T06 a T08 coa SET.
– Subestación SET PE Tramontana 30/132kV, composta por:
• En 30 kV celas de interior en configuración de simple barra: unha posición de protección de transformador; unha posición de transformador para SS.AA. de 50 kVA e relación de transformación 30/0,42 kV; e dúas posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores. Todo co equipamento complementario para as funcións de control, mando e protección.
• Transformador instalado en intemperie de potencia 25/30 MVA ONAN/ONAF e relación de transformación 132/30 kV.
• Parque a nivel de 132 kV en intemperie en configuración de simple barra, cunha posición de liña-transformador, cos equipamentos necesarios de protección e medida.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do parque eólico. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesario para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución (visado o 2 de xullo de 2021-nº de visado: V210098).
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA, asinada en outubro de 2022).
3. O estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 5 de setembro de 2022).
4. O proxecto de interese autonómico (visado o 2 de xullo de 2021-nº de visado: V210098-S1).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que se coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Toda a documentación se poderá examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, nos concellos afectados e na seguinte ligazón web da Consellería:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
Ourense, 18 de outubro de 2022
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense