Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2022 Páx. 57068

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, están á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Situación

NIF do titular catastral

3093/2021

27067A020002280000XW

27067A020002300000XH

Polígono 20, sitas en Escourido, Covas, Viveiro (Lugo)

Herdeiros do titular con NIF 33854998X

27067A020002310000XW

Modesto Iglesias Escourido (descoñécese o NIF)

Viveiro, 5 de outubro de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa