Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2022 Páx. 56959

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2022 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enfermaría.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 10 de xuño de 2022 (BOE do 23 de xuño), para a provisión da praza 22/035, de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enfermaría, Departamento de Ciencias da Saúde desta universidade, a favor de Thais Pousada García, con DNI ***0371**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Thais Pousada García profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enfermaría, Departamento de Ciencias da Saúde desta universidade. No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 14 de outubro de 2022

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña